O museo
Historial
A Colección Museográfica do Castro das Travesas naceu no 2015 co fin de acoller os
elementos extraídos das catas arqueolóxicas do Castro das Travesas, ao tempo que
interpreta para os visitantes o valor histórico do xacemento. Desde entón está aberta
ao público para a visita libre ou para atender a grupos organizados.
A Sala
Na exposición móstranse case trescentas das mellores pezas recuperadas, xunto a unha explicación da configuración do castro. Hai materiais, algúns únicos, de gran valor pola súa calidade e a boa conservación que evidencian o carácter principal do asentamento.
A sala expositiva está configurada por 8 unidades temáticas que mostran os materiais e explican o castro:
- O emprazamento estratéxico do castro
- O castro foi unha cidade polo seu gran tamaño (12 ha.)
- As escavacións das entradas (con importantes aspetos simbólicos e monumentais)
- Os momentos iniciais do castro (IV a.C.)
- Reformas construtivas e o depósito votivo (III-II a.C.), materiais únicos nun contexto arqueolóxico excepcional.
- A cerámica cotiá dos séculos III-II a.C.
- A época romana, destaca seu tesouriño e o anel británico que contiña.
- Curiosidades
Localización
A Colección Museográfica do Castro das Travesas está na Casa da Cultura de Carral
(Rúa de Paleo, 17, 15175, Carral, A Coruña)
Horario
Do 1 de outubro ao 31 de maio: de luns a venres de 9:30 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Do 1 de xuño ao 30 de setembro: de luns a venres de 9:30 a 14:00 h.